Tuesday 07 de May de 2024

Uns 400 inscritos na XXI Carreira Popular de Santa Uxía a seis días do peche de inscricións


A falla de menos dunha semana para o peche de inscricións xa don arredor de 400 os inscritos na XXI Carreira Popular de Santa Uxía: unha das citas máis lonxevas do atletismo galego que terá lugar o vindeiro sábado 29 de setembro a partir das 17 horas.

O alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro de Deportes Anxo Orellán presentaron esta mañá a cita que está integrada no Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte e tamén no Circuíto da Deputación. Haberá un total de 15 categorías (entre elas, unha novidosa denominada “sapatillas inclusiva” para persoas con diversidade funcional) que irán desenvolvéndose a partir das 17 horas. A meta será no Malecón mentres que para a saída estanse a estudar diversas alternativas no entorno deste paseo.

A modalidade absoluta (sub 18, sub 20, sub 23, senior e máster) arrancará ás 18 horas e comprenderá un total de 10 quilómetros. Todas as modalidades son de inscrición gratuíta agás os que disputen esta proba de 10.000 metros, no que o custe son 6 euros.

Os interesados poden anotarse na páxina de emesports.es. O prazo finaliza o xoves 27 ás 12 horas.

Tanto Manuel Ruiz como Anxo Orellán deron grazas aos colaboradores e patrocinadores no desenvolvemento da carreira e animaron á xente a participar nesta gran festa do deporte.